PROFESOR@S
Marta Pérez
Actriz, creadora escénica y productora teatral.
INTERPRETACIÓN Y CREACIÓN ESCÉNICA
Marta Pérez
Actriz, creadora escénica y productora teatral.

 

 MARTA PÉREZ

Actriz, creadora escénica e produtora teatral. Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora de Inversa Teatro- nacida en 2009- coa que leva cinco producións teatrais: Expostas- da que é co-autora e que foi publicada pola Revista Galega de Teatro, Kamouraska, Paper Dolls, Té con Kant, tamén co-escrita por ela xunto con María Caparrini e Fémina Sapiens de autoría propia. Inversa levouna a realizar xiras por Brasil, Colombia, México, Venezuela, EEUU e Portugal tanto no 2012 coma no 2013 e 2014. Estudou interpretación nas escolas Santart e Espazo Aberto de Santiago de Compostela. No 2015 recibe o XV Premio Teatral Maruxa Villanueva pola súa interpretación en Té con Kant e pola súa traxectoria á fronte da Cía. Inversa Teatro.


Foi fundadora e co-propietaria da compañía de Teatro Arela dás Artes desde 2002 ata o 2007, coa que realizou sete producións profesionais.
Traballou tamén para outras compañías como Cámara Negra Teatro, Noescafé Teatro (Alt Vigo), Fura dels Baus, Lingoretas, Raigame Teatro e Escena-T. No campo audiovisual, foi dobladora e participou en varias curtametraxes e longametraxes. Traballou como actriz contratada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e imparte cursos a través da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra. Foi convidada a diferentes Festivais e convencións teatrais en Galicia, España, Portugal e Latinoamérica onde impartiu distintos talleres, cursos, charlas e relatorios. Colaborou coas Embaixadas de España en Colombia e Venezuela, en concreto con cursos e talleres sobre as Artes Escénicas desde unha perspectiva de Xénero no Centro Aecid de Cartagena de Indias- Colombia e na Universidade das Artes de Caracas. Puntualmente tén colaborado escribindo artigos en diferentes revistas de teatro en Galicia e publicado en obras colectivas.
www.inversateatro.com

www.inversateatro.com/