PROFESOR@S
Ana Antelo
Pandereiteira y baile tradicional gallego.
INICIACIÓN A LA PANDERETA Y OTROS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN GALLEGOS.
INICIACIÓN AL BAILE TRADICIONAL GALLEGO
Ana Antelo
Pandereiteira y baile tradicional gallego.

 

Iniciei a miña andaina na música tradicional no ano 2004 incorporándome ao grupo de pandereteiras de Malveiras, da man de Montse Rivera, ata o ano 2007. Nesas datas entrei na escola de pandeireta e baile de Donaire, a formar parte ata o día de hoxe do grupo os Gaiteiros do Pedroso e a integrarme nos pandereteiros Malmequer, que mantivemos ó longo de 2 anos.

 

Pola volta do ano 2009 un compañeiro de Donaire, monitor de campamento de verán, contratoume para dar unha actividade de canto e baile tradicional nas illas Cíes, unha experiencia da que disfrutei moito achegando a nosa cultura e música a mozos e mozas de toda España.

 

No ano 2010 comecei no grupo Chorouvía, con Leni Pérez, aprendendo a tocar outros intrumentos de percusión tradicional como pandeiro, pandeira, lata de pimentón, tixola, culleres, cunchas... do que a día de hoxe continúo formando parte.

Entre os anos 2011 e 2015 integreime na escola de O Fiadeiro, formándome con Carlos Álvarez xunto às compañeiras Rexoubeiras, que actualmente conformamos un grupo independente moi activo participando en actuacións e eventos culturais alí onde nos chamen.

No ano 2013 chamáronme para montar unha actividade de música tradicional para os cativos dunha escola infantil, que amosaron moita curiosidade polos intrumentos e as cancións. Repetín esa bonita experiencia 2 anos máis tarde en dúas escolas máis de Vigo.

Entanto continuei a miña formación en baile na escola do Casco Vello durante dous anos e un ano máis con Serxio Cobos.

Tamén intereseime polo traxe tradicional e aprendín confección e técnicas de bordado.

 

Como formación complementaria quero destacar os diversos cursos de educación ambiental no ano 2010 que me levaron a traballar en pontos de información sobre a sostenibilidade e a impartir dende ese ano ata a actualidade charlas de concienciación e sensibilización cidadá en moitas vilas da ría de Vigo; esta experiencia profesional proporcionoume ferramentas didácticas que aplico nas miñas aulas de canto, baile e pandeireta e que tiven ocasión de desenvolver ó longo de 2 anos impartindo aulas a compañeiros de iniciación en diversas ocasións na propia escola de o Fiadeiro; foi para min unha experiencia moi satisfactoria e descubrín que teño vocación para ensinar unha das miñas grandes paixóns: a música tradicional galega.